5Rs :: ponto de cesión na cova

Ao caron do proxecto de  VigoTroca, pusemos na cova un ponto de cesión:

 

5Rs: Reducir, Reutilizar, Recuperar, Regalar e Reciclare todolos mércores movemos o carriño ata a rúa...

pazificadora

espazo publico xa!

Entrada tuneada dun espazo emblemático da cidade, que chegamos a okupar termporariamente... apenas unhas horas.

Montaxe feita polo amigo e colaborador  "iako"

estas a escoitar... musica libre!

na cova apostamos polo achegamento da cultura a xente, o que pasa é que a cultura imperante, non aposta pola sociedade. digamos que a cultura a pasado a ser unha burda mercadoria, un ben de consumo (falando de copyrights, sociedades xestoras e mercenarios culturais). O sistema borbardeanos coa cultura imperante... e logo quere facernos pasar por caixa, ou criminalizarnos por fornecernos da "cultura do sistema"...

resumindo, a música que escoitaras na cova é libre... apostemos pola cultura libre!

a cova e os colectivos

Uso da Cova polos colectivos

Entendemos que a Cova pode ser unha ferramenta máis no camiño por unha sociedade mellor; un ponto de encontro entre iniciativas, un espazo para comunicar, intercambiar experiencias, conspirar e respirar colectivamente... en definitiva, unha pequena infraestructura para a transformación social e a experimentación. Queremos promover, incentivar e facilitar o uso da Cova entre os distintos colectivos e iniciativas socias e culturais de Vigo e bisbarra.

Bases caleidoskópicas

talla caleidoskopica

Caleidoskopio ten como os principios:

traballando en rede

O traballo en rede con outros colectivos e persoas e fundamental para poder chegar un pouco maís lonxe, sumar esforzos e facer moito maís ruido... Temos que aprender a ver primeiro todas as cousas que nos unen e tamen a respetar as diferencias. Logo sempre teremos tempo de discutilas, mentras poderemos ir coñecendonos e avanzar xuntas camiñando pegada a pegada. 

o pancarteiro secreto... shuuuuu...

cada cousa no seu sitio... a cova é un espazo moi pequeno, e sempre temos e teremos problemas de sitio e orden, tendemos a entropía con máis ca moitísima facilidade... tras a reforma do veran 2008, creamos entre outros recunchos, un espazo para pancartas, piruletas, faisas... ¿dónde se atopa? pois enriba dos baños.

shuuuu... é un secreto...

 

despedida de precarias

Unha experiencia da que fomos participes desde o seu comenzo (polo ano 2006?), ponto de encontro entre numerosas realidades. Da ue participamos sempre na medida das nosas posibilidades, tanto como espazo físico comun que é a cova, coma moitas de nos individualmente.

Ate outra precarias!

 

O TAV e o seu modelo de progreso, Miguel Amorós (27 outubro 2008)

Charla de Miguel Amoros sobre o AVE/TAV e o modelo de progreso no Centro Social "A Cova dos ratos" dentro das xornadas contra o AVE organizadas en Vigo e Redondela polo GAS, AMAL, OAR Plataforma Cidada contra atovia de Redondela y AC Caleidoskopio.

 

Alternativas al Capitalismo, a renda básica dos iguais. (May 24, 2006)

Presentación do libro: "¿Hay alternativas al Capitalismo? La Renta Básica de los Iguales" (Editorial Virus, 2006)

A cargo de José Iglesias Fernández (autor do libro, licenciado en Ciencias Económicas, diplomado en Ciencias Sociais e Relacións Industriais) y Manolo Saéz, os dous membros de Baladre (Coordinadora estatal de loitas contra a pobleza e a esclusión social)

Organizado por "Precarias em Loita"

Distribuir contenido Distribuir contenido