Usando a mesa de son... para amplificar e grabar.

Para sacar audio:

  • Tede en conta que os ordentas tamen teñen "volumenes"
  • Ter cuidado de non atronar con altavoces de diante, tenta compenslos cos de atras.
  • Cando no medio exista unha xuntanza podense baixar os altavoves de atras, no propio equipo.
  • Normalmente usase "Audacious" ou directamente da páxina web de jamendo.org.

Para sonorizar unha charla:

  • Colocar os micros.
  • Baixar as saidas do ordenata (na mesa), evita efectos de bucle raro, realmente basta con baixar unha (a da mesma tarxeta que se usa para grabar).
  • Subir os volúmenes dos micros.
  • Axustar as ganancias.
  • A realidade é que a xente raramente fala aos micros... teremos que axustar a súa posición, ganancias e volémenes dos micros e volúmenes saida (cuidado con non acoplar cos altavoces negros!).
  • Se queremos... podemos ecualizar as entradas, pero para unha charla non importa moito.
  • As intervención da xente é difícil grabalas, é un royo andar co micro, unha posibilidade cutre é poñer un micro cara a xente, recolle bastante. O ideal sería contar cun micro aéreo para captar o ambiente.

Para grabar as charlas no ordenata:

  • Primeiro "sonorizamos".
  • Para grabar círculos de xente, podemos colocar or micros no medio... funciona bastante ben. O ideal sería contar cun micro aéreo para captar o ambiente.
  • Usase "Audacity", é moi doado.
  • Basta con premer no botón bervello de grabar (supostamente esta todo xa configurado)
  • Unha vez rematada damoslle ao stop.
  • O ideal seria facer un pouco de edición, cortar a espera do comenzo e seguramente o final.
  • Agora gravamos o arquivo, exportamos a .ogg.
  • Podemos agora publicala na rede, en archive.org, de todolos xeitos mola preguntar antes a xente que interven para ver se queren que se colgue na rede.

Se fas modificacions "raras"... non te esquezas de deixar as cousas como estaban!

+info: Especificacións e manuais da mesa

Distribuir contenido