presentación

logo cova

 "A Cova dos Ratos" leva cas portas abertas dende principios do ano 2000. É un centro social autoxestionado, un espazo aberto, participativo e independente, no cal os colectivos e as persoas poden tanto facer uso como implicarse na súa xestión cotiá: ¿como? colaborando nos grupos de traballo (barra, biblioteca, secretaría...), participando nas actividades sociais e culturais, nas campañas... O centro social é de todas as persoas que o usan e fan posibel a súa existenza.

 Para nós os locais ou centros socias son unha ferramenta máis no camiño cara unha sociedade mellor; pontos de encontro entre iniciativas, espazos para comunicar, intercambiar experiencias, conspirar e respirar colectivamente... en definitiva, pequenas infraestructuras para a experimentación e a transformación social.


 A tapadeira legal é a Asociación Cultural Caleidoskopio. As actividades non so fican dentro do local, senón que tamen saimos sempre que podemos a rúa... participando de todo tipo de iniciativas, troco, defensa do litoral, antimilitaristas, contra a precariedade, pola vivenda, recuperación dos espazos públicos...

 Entendemos o concepto de autoxestión cun sentido moi amplo, como a capacidade que temos para administrar as nosas propias vidas, en todos os seus eidos, político, social, económico, cultural e afectivo, donde son tan importante os xeitos de toma de decisions como os xeitos para levar adiante as iniciativas.

a vella señora da autoxestión
 Intentamos vivir a nosa existencia plenamente, sempre que podemos no resvaladizo campo da coherencia e das posibilidades humans. Tentamos sempre xuntar os fins cos medios. Facernos donos e donas das nosas propias vidas e tendo en conta, por suposto, o resto dos seres cos que compartimos o noso pequeno gran mundo...

 Sempre intentaremos aprender e experimentar, sendo conscentes de que podemos equivocarnos; tendo como obxectivo poder seguir construindo, pouco a pouco, un mundo algo mellor, onde todas as persoas teñamos cabida, sen exclusións nin discriminación...

 Para facer disto unha realidade apostamos polo traballo en rede e as estructuras horizontais, asamblearias, abertas, participativas e transparentes; espazos para a toma das decisións onde todas temos sempre a opurtunidade de comentar a nosa opinión, de aportar as nosas ideas, ou simplemente escoitar para enterarnos do que esta acontecendo e poder facernos partícipes.

 Promocionamos a cultura en todos os séus ámbitos, estimulando a participación e a creación e organización de proxectos sociais que actuan e se organizan desde a base... sen esquecernos que somos persoas, que non todos os dias son bos, ou que non sempre estamos contentos ou que as cousas poden irnos mal, que somos seres que sinten, sofren, choran, que necesitamos afecto e comprensión.

Distribuir contenido