Para desenrolar actividades no local

Antes de nada...

breo!Defendemos unha cultura popular de base, non elitista, que sexa accesibel a todas. Que fomente e divulgue o asociacionismo, a autoxestión, os dereitos dos animais, a defensa do medio, a integración das minorias, a igualdade dos colectivos desfavorecidos, que mostre realidaes as que non temos un doado acceso,...

Ningunha actividade ou parte dunha actividade pode ir encontra da filosofía do local. Isto, non fomentaran ningún tipo de discriminación, humillación, tortura ou explotación; tando dos humans como do resto dos animais. Se dentro dun repertorio hai partes susceptibeis de facer isto, pedimos encarecidamente que sexan eliminadas ou modificadas, a non ser que sexa imprescindibel para a comprensi¢n total da obra.

E despois...

Para calqueira actividade, publica ou non, tense que enchir unha folla de actividades, no caso de que ademais saia na programación, metendo a máxima cantidade de datos explicativos e inclusive ponhendo debuxos de angadeo para sacar na programación.

As actividades que saen na programación tenhen que ser confirmadas antes que remate o mes anterior.

Hai que reserbar e marcar a data ou datas no calendario.

Obradoiros:

O desenrolo dos obradoiros non pode supor un cambio na dinamica normal do local (se afecta moito tense que explicar moi ben as pretensions do obradoiro).

Os obradoiron non gratuitos tenhen que intentar axudar a aquelas persoas interesadas que non poidan pagalos. Tamén pedimos unha cooperación no mantenemento dos gastos fixos do local por estes obradoiros (enredor do 10%).

Actuacions, concertos, charlas, festas:

Se queredes podese por unha entrada, esta sería para o grupo organizador. Non pode ser moi alta, e detodolos xeitos, se algunha persoa, dun xeito xustificado, non ten pelas para pagala facilitariase a súa entrada. Na entrada e cobro da entrada ten que estar unha persoa da asociaci¢n para controlar o aforo máximo ( enredor as 90 persoas ), o trato os asistentes, posibles visitas d@s vecinh@s... para evitar que se formen performances como xente bebendo na porta.

As actividades ruidosas tenhen que rematar ás 24:00 e forzosamente desenrolarse os sábados. En caso de ser unha actividade de especial interes, poderiase facer outro d¡a máis tense que consultar/avisar @s veci¤@s.

Os executantes (ponentes, grupo...) seran convidados a comer e beber, sempre dentro da moderación.

Ofrecemos a posibilidade de atopar, avisadas coa suficente antelación, aloxamento, para permitir a xente fora pasar a noite.

Outras cousas:

  • Ningunha actividade anunciada como gratuita pode cambiar a súa condición, isto é,se esta anunciade sen entrada non pode cobrarse entrada algunha.
  • As actividades fora de programa non poden levar entrada.
  • Aquelas actividades, como charlas ou obradoiros, que poidan necesitar cartos para ser desenroladas correctamente, poden pedilas á Asociaci¢n, a Asemblea desta estudiara cada caso.
  • Calquera cambio f¡sico da disposición dos mobles tense que recolocar despois de rematada a actividade
  • A utilización da barra do local para sacar pelas para os colectivos sociais e posibel sempre fora dos horarios normais desta, e previamente aceptada pola comisión da barra (ver condicions aparte). Non poderá ser utilizada paralelamente, para isto estan as barras da biblioteca.
  • Durante festas ou concertos poderan ser utilizadas as barras da biblioteca para vender materias promocionais ou productos que non entranhen competencia directa coa barra. É imprescindibel avisar con antelación sobre isto.
  • Para facer uso do local fora do horario tense que pedir as chaves o d¡a antes (so para colectivos e soci@s).
  • A asociación reservase a posibilidade de anular unha actividade.

ver tamen "peto para actividades"

Distribuir contenido