fios...

¿Unha economía social?

Nestes tempos de precariedade tanto económica como social, pretendemos crear e fomentar unha nova economía social, baseada no apoio mutuo, que mellore a calidade de vida e o mesmo tempo favoreza as relacións entre as persoas.

¿Por qué unha moeda?

Por ser un elemento de intercambio-trueque que facilita enormemente a execución dun trueque multirecíproco. Non temos que prestar directamente ninghun servicio directo á persoa da que queremos recibir. Con isto o que estamos facendo e inventar, ou máís ben redescubrir, a moeda como base do trueque, e como elemento que pode mellor a calidade de vida e as relacións dunha comunidade.

¿Qué pode xenerar?

  • Unha rede de productos, servicios e saberes.
  • Mellorar a calidade de vida das persoas sen recursos económicos, xa que perde importancia (dentro da rede) a posesión de cartos; o que importa e ter habilidades, conhecementos o ter a posibilidade de botar unha man a quen o necesite, isto xenerará a riqueza dentro da rede, independentemente de cómo faga para conquerir a moeda oficial. Pode permitir que moitos individuos interactúen entre sí e resolvan parte das súas necesidades, cando menos mellorará a calidade de vida das persoas que participan da rede de intercambio.
  • Potenciamento das relacións sociais das persoas que configuran a rede, tendo como base o trueque, entre un número limitado de persoas, as relacións entre estas aumentarán.
  • Un aumento do traballo social para as iniciativas que decidan usala, pode fomentar a participación dentro das asociacións que podan ofertar algun tipo de servicio (e imprescindible que os diferentes nodos da rede produzan e consuman o mesmo tempo). As cousas xa non se fan só por un mero altruismo, senón que se establece un intercambio, as persoas tenhen outros incentivos para participar.
  • Cambios nos valores das persoas, reemplazando a competencia estéril, o lucro e a especulación pola reciprocidade entre as persoas.

Características

  • As relacións entre os entes que configuran a rede non tenhen como base os cartos se non os servicios.
  • Toda a riqueza que se xenera fica dentro da rede, sendo imposible que saia fora.
  • A moeda é de curso alegal, pois equivale a un bono intercambiable por algo dentro da rede.
  • Non ten senso acumular a moeda, polo tanto non xenera inflacción, non se devalúa, pois ten o respaldo do cidadan-colectivos.
  • Podería facer que os feitos, productos e servicios da rede responderan a normas éticas e ademais ecolóxicas; antes que os dictados do mercado, o consumismo e a búsqueda de beneficio a curto prazo.

Posibels servizos...

  • Clases sobre conhecementos variados (linguas, cocinha, informática...)
  • Pequenos arranxos (carpintería, electricidade, pintura, fontanería...)
  • Xantar e beber en restaurantes, bares, cafés...
  • Comprar alimentos e enseres en pequenas tendas ou cooperativas
  • Masaxes, curas en medicinhas alternativas
  • Servicios de transporte, mudanzas...
  • ...

Funcionamento

Nun principio o funcionamento e igual que coa moeda oficial, cóbrase e págase.

Algo básico será a elaboracion dun listado de nodos o puntos donde a moeda é válida. Podería facerse unha páxina web coa información actualizada, con todos os servicios que ofrecen as persoas, colectivos, iniciativas ou empresas que aceptan utilizar a moeda, así como as condicións (por exemplo admitir só unha porcentaxe, ou non para compras superiores a certa cantidade, ou un cupo mensual...)

O "Prosumidor"

Ista figura cambia a relacion do consumidor-productor, pois para poder consumir, facendo uso da nova moeda, e imprescindible producir ou facer algo a cambio; non podes intercambiar se non tes nada que ofrecer. Os integrantes da rede son polo tanto productores e consumidores, tanto de productos, como de servicios ou saberes.

Fases

  • O inicio, ¡acunhemos moeda!

    O principal escollo é como distribuir a moeda inicialmente... tense que escomenzar paulatinamente. Por exemplo centralizar nun sitio o seu acunhe. O primeiro enton sería producir, para conquerir así moeda (non necesariamente tería que ser así, poderíase dar a posibilidade de mercar inicialmente, ou directamente dar unha cantidade determinada a quen quere participar, no caso de marchar tería que voltar a mesma cantidade de bonos).

    Proposta de ente inicial expendedor: ~SA Cova dos Ratos~T, como é o nodo principal inicial, xa que acepta cobrar coa nova moeda, e logo enredor ten moitos individuos que acepten facer cousas a cambio da nova moeda.

    Pode ser moi interesante avalar inicialemnte a moeda (e logo valorar nunha fase posterior se é interesante continuar). Isto é respaldar os bonos con moeda real. Sería gardar unha cantidade determinada de euros e sacar o seu equivalente da nova moeda. Sempre que se considere necesario acunhar mais moeda podese repetir a operación de respaldo. Logo con estes cartos reais podense adicar a algo que repercuta directamente na rede, ou para outros proxectos ou iniciativas (por exemplo a adquisición dun canhón de video, creación dun fondo solidario, dun un sistema de crédito bancario alternativo...).

  • Proba e práctica inicial

    Corrección de erros dentro do marco inicial da Cova, para estudar unha implantación maior e que sexa algo convincente. Problemas como os cambios, a escased de moeda, posibels desestabilizacións do sistema. Sería necesario formar un grupo de persoas interesadas en seguir e estudar o tema para perfilar as ideas e facilitar o espallamenteo.

  • Espallamento

    Inicialmente e interesante achegarse directamente a outras iniciativas con certo carácter social, por exemplo Consumo Conscente Arbore e A Revolta, que poden facer de nodos principais. E como non a todos os individuos, empresas e iniciativas que poidan estar interesados, polas suas ventaxas tanto sociais e colectivas, coma personais.

    A moeda poderiase dar inicialmente, a modo de prestamo social, as novas componhentes que queiran participar da rede, estas persoas deberianinicialmente unha determinada cantidade de bonos a os nodos expendedores.

  • Asentamento

    Como rede viva terá que aprender a autoregularse, organizarse, cecais tenhanse que crear normas... e isto é mellor facelo entre as persoas e iniciativas que máis interesadas estean...

Como foi evolucionando

Apenas levamos dous meses usando internamente o sistema, nun principio foi un pouco complicado escomenzar; aproveitouse unha pequena crises do grupo de barra, que solicitou axuda exterior para completar os turnos, estas colaboracions foron "pagadas" mediante slabons.

O sistema é moi rudimentario, pois funciona por contas, unha para cada persoa, pois ainda non foi editada moeda algunha; aqui esta o principal escoio para implantalo en outros espazos.

Anecdóticamente fixeronse xá intercambios entre persoas que contan con slabons dentro da Cova; e parece que gusta bastante o de ter unha compensación polo trabalho feito... que raro ¿non?

Estado actual

Case un ano despois (Xaneiro 2005) enredor do 10% do movemento da Cova faise con estes fios, Xa contamos con algunha persoa exterior que os acepta (concretamente un servizo de masaxes, e pagamos certos arranxos). E cando menos para a xente que os esta usando (12 persoas) supon un aumento na calidade de vida.

O maior problema para espaiar estes fios é a centralización que supon trabalhar con listados, que se atopan e actualizan na barra da Cova.

Distribuir contenido