facendo xabón con aceite usado

¿Por qué facer xabón a partir de aceite usado?

• Os deterxentes comerciais están compostos de dúas clases de productos principalmente:

Tensioactivos, que teñen como función a dispersión das graxas e disminuir a viscosidade da auga, facendo que esta penetre mellor nos tecidos. Nos deterxentes comerciais utilízanse moitos que persisten moito tempo nos ríos e mares, "abrandando" ás células dos seres vivos microscópicos, aumentando a súa mortalidade.
Os segundos compostos son os abrandantes, que teñen como función mellorar as condicións nas que actúan os tensioactivos. Moitos deterxentes conteñen algúns tóxicos, como o NTA ou o EDTA. Outros teñen como abrandantes os fosfatos que o ser verquidos masivamente os ríos e mares provocan o "abonado artificial" dos ecosistemas, o que causa desequilibrios como a aparición explosiva de algas tóxicas, a falta de osíxeno, morte de peixes... etc.
O xabón tradicional ten dúas propiedades principais: abrandante e tensioactivo e ademais é degradado rápidamente polas bacterias polo que permanece menos tempo na natureza perxudicando á vida.

• Evitamos a contaminación por outros productos que levan os deterxentes, como branqueantes, perfumes, colorantes, abrillantadores... etc. dos que non se sabe case nada dos seus efectos en conxunto sobre os ecosistemas.

• Evitamos a posibilidade de que os nosos aceites sexan verquidos no medio, cousa que tamen provoca contaminación e o mesmo tempo dámoslle un uso o que antes non era máis que un residuo. Diminuiremos a nosa dependencia das multinacionais dos deterxentes, aforraremos cartos e seremos máis autosuficientes.

• Polos seus compoñentes é o xabón menos agresivo que existe para a Natureza sendo ideal para fregar a louza, o chan e lavar a roupa.

Unha pouca de teoría:
O proceso químico:
As grasas e aceites son esteres formados por un alcohol máis un ácido. As sustancias grasas se descompoñen ao tratalas cunha disolución acuosa de álcalis (sosa sódica ou potásica) producíndose unha reacción química denominada saponificación que da como resultado xabón e glicerina.

saponificación

¿Cómo funciona o xabón?
Os xabóns exercen  a súa acción limpiadora sobre as grasas en presencia de auga debido á estructura das súas moléculas. Éstas teñen unha parte liposoluble (soluble na grasa) e outra hidrosoluble (soluble na auga).
A compoñente liposoluble fai que o xabón molle a grasa disolvéndoa e a compoñente hidrosoluble fai que o xabón se disolva a súa vez na auga.
As manchas de grasa non se poden eliminar sólo con auga por ser insolubles nela. O xabón en cambio, que é soluble en ambas, permite que a grasa pase á disolución desaparecendo a mancha de grasa.

 

Facendo un pouco de memoria:
A historia desta receita remóntase cando menos 10 anos atrás, nos tempos da Coordinadora Ecoloxista de Vigo, que facían as súas xuntanzas na Cova. Unha das súas actividades era facer xabón a partires de aceite usado.
Coa desaparición da Coordinadora a Cova colleu o relevo. Dende entón cunha periodicidade variabel, cada mes ou dous meses faise xabón, reciclando o aceite usado da cociña e recollendo o que levan as persoas. Este xabón é o que usamos para limpar a louza e o centro social en xeral.
Neste tempo foixe experimentando e a receita foi mudando ata a fórmula e o proceso que presentamos eiquí. Animamos a xente a que o faga na súa casa, nos centros sociais, asociacións, coles... para lavar a louza, limpar a roupa, fregar o chan...

Ingredentes:

  • 3 litros de aceite usado doméstico
  • 1 litro de auga
  • 360 g de sosa. Fácil de atopar en calqueira drogueria

Podedes usar outras cantidades sempre que respetedes as proporcións

Preparación:

  • Elexir un espazo ben ventilado, forrar o chan con periódicos e utilizar luvas (moi importante). Non utilizar utensilios de aluminio, si de prástico ou madeira.
  • Colaremos o aceite para quitarlle restos de comida ou partículas queimadas e botaremos nun cubo de plástico grande. Quentaremos o aceite un pouco para facilitar a reacción.
  • Noutro cubo (non de aluminio!) botamos a auga. Con moito coidado e pouco a pouco engadímoslle a sosa, removendo cun pau de madeira ata que se disolva totalmente. Coidadiño neste paso, a sosa emite vapores tóxicos e pode provocar queimaduras se cae na pel, nese caso lavar inmediatamente con abundante auga.
  • Botamos a solución de sosa no aceite (nunca o revés) e comenzamos a remexer cun pau de madeira a bó ritmo e con coidado das salpicaduras. Ha que remexer vigorosamente ata que a mezcla se volte espesa. Este proceso durará sobre unha hora... a batidora de casa axudarache moito pero ten que ter o pé de prástico e se non tes,  podes  invitar os colegas con batidora ou con ganas de remexer...
  • Cando a mistura se volva espesa que é cando ten unha textura cremosa xa está listo!! este é o momento de engadir algunha pranta ou esencias e misturar.
  • Cando isto aconteza bótase nun recipiente (por exemplo unha caixa de froita cuberta cun plástico, caixa de madeira) e cúbrese cun plástico ou manta. Pasados dous ou tres días desmoldase e cortase en anacos, posteriormente colócase nunha rexilla e vóltase a tapar.
  • O xabrón estará  seco e listo para usar en 3 ou 4 semanas, canto máis tempo se deixe mellor. Para a súa mellor conservación  podes gardalo nunha caixa cando estea completamente seco.
  • Este xabon pode utilizarse para a lavadora, só hai que diluir as pastillas en auga quente, cortandoas en pequenos anacos. Poñer ao lume e deixar que ferva un intre e apagar. Deixar enfriar coa tapa posta. Se non se disolveu darlle coa batidora.

 

AdjuntoTamaño
xabon.pdf1.83 MB
panfleto_xabon.zip867.55 KB
Distribuir contenido