despedida de precarias

Unha experiencia da que fomos participes desde o seu comenzo (polo ano 2006?), ponto de encontro entre numerosas realidades. Da ue participamos sempre na medida das nosas posibilidades, tanto como espazo físico comun que é a cova, coma moitas de nos individualmente.

Ate outra precarias!

 

"Precarias en loita é unha asemblea aberta na que participan persoas individuais próximas aos centros sociais de Vigo: A Cova dos Ratos e Revolta, así como da a.x. Luar ou G.A.S. e persoas doutros movementos de base locais.
A finalidade da mesma é procurar xeitos de denuncia e resistencia fronte á precariedade laboral e social do sistema produtivo imperante.

Na última asemblea celebrada o luns 2 de febreiro, acordamos dar por finalizado o proxecto de Precarias en Loita, xa que entendemos que chegou ao seu límite como punto de encontro e forma de traballo conxunta, entendemos que foi unha experiencia positiva e durante o tempo que funcionou serviu para traballar en común e achegar posturas entre grupos e persoas desde diferentes ópticas.

En calqueira caso e por sorte, na nosa cidade danse as condicións para que moitas das que participamos nesta asemblea sigamos atopándonos e colaborando xuntas noutros espazos existentes.

precarias, vigo 2009

Podemoss facernos unha pequena idea do que foi na web de precarias en loita

Distribuir contenido