a cova e os colectivos

Uso da Cova polos colectivos

Entendemos que a Cova pode ser unha ferramenta máis no camiño por unha sociedade mellor; un ponto de encontro entre iniciativas, un espazo para comunicar, intercambiar experiencias, conspirar e respirar colectivamente... en definitiva, unha pequena infraestructura para a transformación social e a experimentación. Queremos promover, incentivar e facilitar o uso da Cova entre os distintos colectivos e iniciativas socias e culturais de Vigo e bisbarra.

Xestión aberta:

"A Cova" é un centro social autoxestionado, un espazo participativo e aberto, do cal os colectivos poden tanto facer uso como chegar a implicarse, na medida que eles estimen e desexen; na súa xestión cotía, nas actividades, nas campañas... Sempre poderán usar o local aqueles colectivos e iniciativas que non entren en contradicción cos fins e principios da Asociación. O local é de todas as persoas que o usan e fan posibel a súa existenza.

Asembleas e Xuntanzas:

Pódense facer sempre que non interfira co funcionamento normal do local. Un dos melhores momentos é o luns polo serán, pois é cando a barra do local pecha, pero calqueira outro momento pode ser bó, co local aberto ou non..

Uso dos equipamentos:

Xa sexan os ordenadores, impresoras, a conexión a internet, a tele, video, proxector... e tamén o telefone, fax (estes pagando o custe da chamada) pódense usar libremente. Igualmente todo o material de oficina, incluindo as pinturas, papeis para recuperar, colas...

Usar a Cova como ponto de contacto:

Tanto o enderezo físico como o telefone pódense usar como contacto. Espazo para deixar cousas para outras persoas/colectivos...

Espazo comunicativo e para autoxestión:

Onde facer charlas, pases de video, coloquios, exposicións; onde distribuir pasquins, vender materiais ou facer festas para acadar cartos para o colectivo.

Autoservizo de productos (especialmente para os luns):

So cando a barra este pechada. So cousas embasadas ou infusions. Tense que limpar a louza. Rogamos entrar na cociña o menos posibel. A ter em conta: Deixar as cousas como estaban, mesas limpas e recolhidas, borralheros baleirados, mesas e cadeiras no seu sitio, cascos nas caixas (non temos por que dar mais choio a xente da barra).

Abrir e cerrar o local:

So poderan ter chaves permanentemente persoas socias que por su implicación no local as necesiten regularmente para acceder. Para abrir "esporadicamente" terase que pasar polo local o día antes e pedir as chaves. A persoa que leva as chaves responsabilizase do local (abrir e cerralo, que non entre xente allea á actividade, que non fique xente rematada a actividade...)

Asembleia Coordinadora da Asociaçom Caleidoskopio, 26 de Setembro do 2005

Distribuir contenido