consumo conscente

 Queremos ensinar tanto as alternativas de consumo e producción como a responsabilidade e o poder activo que temos todas as persoas como consumidoras e productoras, como base para acadar un mundo mellor e máis xusto para todas.
 Para amosar dun xeito práctico estas opcións, as que independentemente do noso poder adquisitivo podemos acceder, temos unha barra alternativa e un servicio de cocinha con comedor vegano.
 Os productos que usamos son preferentemente de comercio xusto (que é un tipo de comercio no cal a figura do intermediario desaparece, ou minimízase, e garántese unhas condicións para o traballador / productor xustas); de producción biolóxica (sen o uso de pesticidas ou productos agroquímicos), artesanais, de cooperativas (os traballadores son os seus propios xefes) ou de pequenas productoras.  Fuximos das multinacionais, e dos productos que conleven impacto medioambiental, sofremento ou explotación de calqueira ser.
 Dentro da promoción do consumo conscente apostamos polo vexetarianismo non so por unha cuestión de preservación do medio natural, senón como o mellor xeito de actuar  fronte o sofremento e a explotación que padecen innecesariamente millons de animais. Todos os productos que nos temos son dunha orixe 100% vexetal, 100% libre de inútil sofremento animal.

Distribuir contenido