Bases caleidoskópicas

talla caleidoskopica

Caleidoskopio ten como os principios:

  • Contrario á todo tipo de explotación, humana ou animal.
  • Respeto polo medio ambiente
  • Contraria a toda discriminación, xa sexa por sexo, raza, ideoloxica, estatus social, preferencias sexuais ou idiomaticas.

Os fins da Asociación:

  • Fomento da trasformación social dende a base.
  • Fomento do asociacionismo e das estructuras horizontais, abertas, e participativas.
  • Promoción da cultura en todos os seus ambitos.
  • Fomento do respeto polo medio ambiente e os animais.

Polo tanto a asociación, en consecuencia acorda:

  • Tomar como base o Veganismo como xeito de respetar os intereses dos animais non humanos, e ten interese en potencialo.
  • Potenciar e primar, dentro das posibilidades, o uso de productos provintes do Comercio Xusto e de producción ecolóxica.
  • Tamen tentara tanto reducir o uso, como reutilizar ou recuperar todas as materias primas que poida, igualmente que tentar a súa reciclaxe.
  • Polo tanto apostamos pola promoción do Consumo Conscente, un consumo respetuoso co medio, que non fomente a explotación ou o sufrimento, tanto do home como do resto dos animais. Tentaremos amosar as alternativas e o poder que temos como consumidores que todas as persoas somos. Por iso montamos unha barra alternativa e un servicio de cocinha, con productos de comercio xusto, de producción biolóxica, artesanais, de cooperativas... fuxindo das multinacionais, e dos productos que conleven impacto medioambiental e sufrimento ou explotación de calqueira ser; adoptando en consecuencia unha base 100% vexetariana (vegana).

Funcionamento:

  • O funcioanmento xeral da Asociación ten como base a realización de Asembleas Abertas, nas que se tomaran Actas dos acordos, que poderan ser consultadas polas persoas socias. Cando menos celebrarase unha Asemblea anual para todolas persoas socias.
  • Para levar adiante as distitas tarefas designaranxe equipas de traballo, ou responsabeis, que poderan actuar de xeito autónomo, sempre que non contradigan os principios, fins e acordos do colectivo.
  • Fomentaremos a participación e a involucración no proxecto de tantas persoas como o dexexen, para isto buscaranse xeitos e canles comunicativos.

¿Cando "Caleidoskospio" entra ou non a colaborar, coorganizar alguna cousa?

  • Non pode ser algo que sexa contrario aos principios ou fins da Asociación.
  • Terá que existir polo menos unha persoa que queira levar adiante o tema, colaborando, asistindo as asembles preparatorias... e informando á Asociación.
  • Podense participar em cousas antagonicas (sempre que non sexan contrarias aos principios da Asociación) como unha mostra da variedade e diversidade interna (exemplo: xornadas primitivistas e xornadas sobre o uso social das novas tecnoloxias).
  • Non pode ser algo excluinte que poida marcar a priori dinámicas da Asociación (por exemplo asinar un comunicado que se decanta por unha normativa lingüistica, sen nunca terse discutido nunha Asemblea o tema normativo), e que elimine diversidade interna.
  • No caso de que por premura non poida pasar por unha Asemblea, as persoas seran libres (tendo en conta os anteriores puntos) de levar adiante á actividade en nome da Asociación.
  • Paso obrigatorio por Asemblea (antes ou despois) para evaliar as actividades; tendo en conta, como ente dinámico, vivo e experimental, que sempre podemos confundirnos... e que confundirse é un xeito de aprender.
Distribuir contenido