textos

a cova e os colectivos

Uso da Cova polos colectivos

Entendemos que a Cova pode ser unha ferramenta máis no camiño por unha sociedade mellor; un ponto de encontro entre iniciativas, un espazo para comunicar, intercambiar experiencias, conspirar e respirar colectivamente... en definitiva, unha pequena infraestructura para a transformación social e a experimentación. Queremos promover, incentivar e facilitar o uso da Cova entre os distintos colectivos e iniciativas socias e culturais de Vigo e bisbarra.

bases caleidoskópicas

Caleidoskopio ten como os principios:

  • Contrario á todo tipo de explotación, humana ou animal.
  • Respeto polo medio ambiente
  • Contraria a toda discriminación, xa sexa por sexo, raza, ideoloxica, estatus social, preferencias sexuais ou idiomaticas.

Os fins da Asociación:

traballando en rede

O traballo en rede con outros colectivos e persoas e fundamental para poder chegar un pouco maís lonxe, sumar esforzos e facer moito maís ruido... Temos que aprender a ver primeiro todas as cousas que nos unen e tamen a respetar as diferencias. Logo sempre teremos tempo de discutilas, mentras poderemos ir coñecendonos e avanzar xuntas camiñando pegada a pegada. 

consumo conscente

 Queremos ensinar tanto as alternativas de consumo e producción como a responsabilidade e o poder activo que temos todas as persoas como consumidoras e productoras, como base para acadar un mundo mellor e máis xusto para todas.
 Para amosar dun xeito práctico estas opcións, as que independentemente do noso poder adquisitivo podemos acceder, temos unha barra alternativa e un servicio de cocinha con comedor vexetariano.

presentación

 "A Cova dos Ratos" leva cas portas abertas desde principios do ano 2000, é un centro social autoxestionado, un espazo aberto, participativo e independente. No cal os colectivos e as persoas poden tanto facer uso como implicarse na súa xestión cotiá; colaborando nos grupos de traballo (barra, biblioteca, secretaría...), participando nas actividades sociais e culturais, nas campañas... O centro social é de todas as persoas que o usan e fan posibel a súa existenza.

Distribuir contenido