funcionamento

a cova e os colectivos

Uso da Cova polos colectivos

Entendemos que a Cova pode ser unha ferramenta máis no camiño por unha sociedade mellor; un ponto de encontro entre iniciativas, un espazo para comunicar, intercambiar experiencias, conspirar e respirar colectivamente... en definitiva, unha pequena infraestructura para a transformación social e a experimentación. Queremos promover, incentivar e facilitar o uso da Cova entre os distintos colectivos e iniciativas socias e culturais de Vigo e bisbarra.

traballando en rede

O traballo en rede con outros colectivos e persoas e fundamental para poder chegar un pouco maís lonxe, sumar esforzos e facer moito maís ruido... Temos que aprender a ver primeiro todas as cousas que nos unen e tamen a respetar as diferencias. Logo sempre teremos tempo de discutilas, mentras poderemos ir coñecendonos e avanzar xuntas camiñando pegada a pegada. 

o pancarteiro secreto... shuuuuu...

cada cousa no seu sitio... a cova é un espazo moi pequeno, e sempre temos e teremos problemas de sitio e orden, tendemos a entropía con máis ca moitísima facilidade... tras a reforma do veran 2008, creamos entre outros recunchos, un espazo para pancartas, piruletas, faisas... ¿dónde se atopa? pois enriba dos baños.

shuuuu... é un secreto...

 

para proxectar un video

  1. baixamos a pantaia
  2. encendemos o canon
  3. encendemos o dvd (no caso de sacar por un ordenata usaremos o adaptador)
  4. colocamos o volumen na mesa (no caso de usar un portatil usar a entrada extra)
  5. apagamos as luces
  6. damoslle a play...

Notas:

esquema lumínico da cova


Usando a mesa de son... para amplificar e grabar.

Para sacar audio:

  • Tede en conta que os ordentas tamen teñen "volumenes"
  • Ter cuidado de non atronar con altavoces de diante, tenta compenslos cos de atras.
  • Cando no medio exista unha xuntanza podense baixar os altavoves de atras, no propio equipo.
  • Normalmente usase "Audacious" ou directamente da páxina web de jamendo.org.

Para sonorizar unha charla:

pedide na barra

Xa fai tempo tratamos varias veces o tema do "servir", dar un servizo, nun local no que podes comer ou tomarte algo... pero sen esquecer que somos un espazo que aboga por outros xeitos de organización social, non xerarquicos, ou simplemente procurar unha relación máis igualitaria entre as persoas, ... Decidindo querer dar un servizo de calidade, nos productos e na súa elaboración, da maneira máis horizontal posibel. Sacamos iste cartaz para tentar explicalo:

Distribuir contenido