colectivos

a cova e os colectivos

Uso da Cova polos colectivos

Entendemos que a Cova pode ser unha ferramenta máis no camiño por unha sociedade mellor; un ponto de encontro entre iniciativas, un espazo para comunicar, intercambiar experiencias, conspirar e respirar colectivamente... en definitiva, unha pequena infraestructura para a transformación social e a experimentación. Queremos promover, incentivar e facilitar o uso da Cova entre os distintos colectivos e iniciativas socias e culturais de Vigo e bisbarra.

traballando en rede

O traballo en rede con outros colectivos e persoas e fundamental para poder chegar un pouco maís lonxe, sumar esforzos e facer moito maís ruido... Temos que aprender a ver primeiro todas as cousas que nos unen e tamen a respetar as diferencias. Logo sempre teremos tempo de discutilas, mentras poderemos ir coñecendonos e avanzar xuntas camiñando pegada a pegada. 

despedida de precarias

Unha experiencia da que fomos participes desde o seu comenzo (polo ano 2006?), ponto de encontro entre numerosas realidades. Da ue participamos sempre na medida das nosas posibilidades, tanto como espazo físico comun que é a cova, coma moitas de nos individualmente.

Ate outra precarias!

 

Distribuir contenido