vindeiras actividades
ciclo femenino :: el patio de mi carcel
CICLO FEMININO
A CARGO DE: Rakel + ASAMBLEA DE MULLERES.
LUGAR: COVA DOS RATOS
DIA: XOVES
HORA: 20:30 h
CALENDARIO PELICULEIRO:
1. XOVES 4:"XXY"
2. XOVES 11: "EL PATIO DE MI CÁRCEL"
3. XOVES 18: "LOS CHICOS NO LLORAN"
4. XOVES 25: "..."
ciclo femenino :: xxy
CICLO FEMININO
A CARGO DE: Rakel + ASAMBLEA DE MULLERES.
LUGAR: COVA DOS RATOS
DIA: XOVES
HORA: 20:30 h
CALENDARIO PELICULEIRO:
1. XOVES 4:"XXY"
2. XOVES 11: "EL PATIO DE MI CÁRCEL"
3. XOVES 18: "LOS CHICOS NO LLORAN"
4. XOVES 25: "..."
xuntanza encontro :: Vivir Sen Capitalismo
Grupo que nace por mor da visita de Enric Durán a Galiza en 2009, co obxectivo de crear un grupo que coordine a información de experiencias non-capitalistas e serva de nó galego autoxestionado ao que o colectivo catalán Crisi poida dirixir as solicitudes de información que lles cheguen desde Galiza.
+info: http://sementeira.org/pg/groups/795/vivir-sen-capitalismo/
Descrición breve: Grupo para a coordinación e difusión de xperiencias non-capitalistas en Galiza
cea :: festa :: piratona
este sábado 27 de fevereiro estades convidadxs à ceia que organizamos na Piratona para apoiar a emissora.
haverá um completo menu+bebidas preparado polxs chefs corsárixs.
depois da ceia, pintxada/festa a cárrego dxs melhores DJs piratonxs!
o preço som 7$, e a forma de anotar-se é simplesmente mercando um bono em qualker dos locais sociais da cidade antes de última hora do dia 26.
acode, conhece-nos e luita com a Piratona!!
OKUPANDO AS ONDAS DO SUL DA GALIZA DESDE 1988
RÁDIO PIRATONA - 106.00FM
Caixa dos correios:: piratona@sindominio.net
Web:: http://www.sindominio.net/piratona
tertulia: Renda Básica das Iguais
A Renda Básica das Iguais (RBis) é unha ferramenta para buscar un reparto máis xusto da riqueza e loitar contra o capitalismo desde os barrios, movementos, colectivos, redes, etc.
Ante estes tempos de crise é fundamental artellar respostas que axuden a convertelos en tempos de loita.
Loita que parta dende abaixo e que xunto con outras nos leve a conquerir dereitos sociais, pero sobor de todo a impulsar un debate social amplo que de como froito o parto doutra sociedade.
Organizan: Grupo de Axitación Social, Oficina de Dereitos Sociais de Coia e Verdegaia
obradoiro :: cociña
prazas limitadas, anotadevos no: 886 111 327 , ou en vigo(arroba)amaranteong.org
docucharlas :: cuidar a terra :: bosque comestible
tras a proxección debate aberto.
docucharlas :: cuidar a terra :: hortas urbanas
tras a proxección debate aberto
docucharlas :: cuidar a terra :: a horta, a despensa máis natural
a horta, a despensa máis natural
posterior coloquio
obradoiros :: abrimos os domingos!!!
ampliamos horarios:
a partir do domingo 7 empezamos a abrir cova
de 5 da tarde as 21 horas
aproveitaremos para facer distintas cousiñas, comenzaremos con obradoiros de xoguetes e de mascaras para o entroido...
e cecais alguna sorpresiña!
saudos!
docucharlas :: cuidar a terra :: a historia das cousas
http://www.storyofstuff.com
http://es.wikipedia.org/wiki/La_historia_de_las_cosas_(documental)
coloquio tras a proxección.
presentación: ciclo docucharlas de permacultura “o que deberíase saber”
presentación:
ciclo docu-charlas de Permacultura
“o que deberíase saber”
a cargo da "Rede Permacultura Ibérica" nodo Noroeste
botarase home:
http://es.wikipedia.org/wiki/Home_(documental)
xuntanza caleidoskópica :: csa 'a cova dos ratos'
estades todas +k convidadas a vir e participar
apertas!
Fin de ano coa Ría non se Vende :: festa
Festa solidaria, os beneficis adicaranse a pagar as multas do colectivo na súa loita pola Ría de Vigo.
entrada de balde e cos prezos de sempre.
Obradoiro xabrom xom azeite usado :: guindastre
LS O Guindastre - Rua Xulián Estévez, 22 - Teis
os dias 18 e 19 de dezembro, gente dos centros sociais A COVA/CALEIDOSKOPIO, O GUINDASTRE e A REVOLTA de Vigo, vamos fazer dous obradoiros onde aprenderemos como fazer sabom para limpar pratos e roupa a partir de AZEITE USADO (** nota, tem que ser azeite de frigir vegetais, nom valem de carne ou peixe que ulem mui forte!)
a reciclagem deste azeite contribue com o ambiente e evita a poluçom do mar, fazermos nós mesmxs o sabom ajuda a que o nosso fogar seja autosuficiente
o obradoiro será de 2/3 horas de duraçom num só dia, podes escolher entre as duas datas em que o vamos fazer:
nom é necessário trazer nada, e o preço é gratuito, ainda que vamos pôr um peto para quem quera contribuir com os gastos
para participar só precisas anotar-te nos centros sociais participantes (Cova: R/ Romil 3)ou avisar em: fazendosabom@gmail.com
se as tuas crianças som maiores, também podem vir apreender
- 8 DEZ: 18.00h, LS O Guindastre - Rua Xulián Estévez, 22 Teis
- 19 DEZ: 12.00h, CS A Revolta - Rua Real, 32 - Zona Velha
nom tires o teu azeite usado, leva-o a pontos limpos ou faz sabom!
Obradoiro xabrom xom azeite usado :: revolta
CS A Revolta - Rua Real, 32 - Zona Velha
fazer dous obradoiros onde aprenderemos como fazer sabom para limpar pratos e roupa a partir de AZEITE USADO (** nota, tem que ser azeite de frigir vegetais, nom valem de carne ou peixe que ulem mui forte!)
a reciclagem deste azeite contribue com o ambiente e evita a poluçom do mar, fazermos nós mesmxs o sabom ajuda a que o nosso fogar seja autosuficiente
o obradoiro será de 2/3 horas de duraçom num só dia, podes escolher entre as duas datas em que o vamos fazer:
nom é necessário trazer nada, e o preço é gratuito, ainda que vamos pôr um peto para quem quera contribuir com os gastos
para participar só precisas anotar-te nos centros sociais participantes (Cova: R/ Romil 3)ou avisar em: fazendosabom@gmail.com
se as tuas crianças som maiores, também podem vir apreender
- 8 DEZ: 18.00h, LS O Guindastre - Rua Xulián Estévez, 22 Teis
- 19 DEZ: 12.00h, CS A Revolta - Rua Real, 32 - Zona Velha
nom tires o teu azeite usado, leva-o a pontos limpos ou faz sabom!
Magosto Antimilitar
na Praza da Princesa do Casco Vello de Vigo
Contra a ocupación de Afganistán e o militarismo
Virán tempos peores e nos farán máis cegas
“Se digo que tal ou cal cousas non me gustan estou a protestar. Se me preocupo mesmo porque iso que non me gusta non volte a ocorrer, estou a resistir. Protesto cando digo que non sigo colaborando. Resisto cando ocúpome de que tampouco os demais colaboren”.
Da protesta á resistencia, Ulrike Meinhof, Konkret nº5, (1968)
Se as palabras serven para designar o mundo tal cal é, a palabra guerra debería designar a barbarie e non outra cousa. Pero posto que xa nada é o que parece, a guerra ben podería incorporarse ao noso vocabulario como unha das tantas maneiras de citar o progreso.
É entón cando a guerra equipárase á democracia ao estremo de ser unha e a mesma cousa. Unha democracia máis preocupada por estender o seu dominio absoluto sobre aquelas sociedades consideradas atrasadas que por facerse útil aos ollos dos nosos contemporáneos.
Así o sinnúmero de conflitos bélicos que a día de hoxe marchan sobre a vida de millóns de persoas ao longo e ancho dos cinco continentes, responderían mellor a unha cuestión de carácter humanitaria, segundo o parecer dunha ONU transmutada en oficina de recrutamento militar, que non a unha estratexia común en materia expansionista.
En efecto o plano artellado desde o Pentágono, máis coñecido por Operación Liberdade Duradeira, tiña por obxecto crear as condicións óptimas para o advenimento da democracia parlamentar en Afganistán, mediante o sometemento da poboación a todo tipo de medidas arbitrarias tras o espectáculo televisado do 11-S. Nembargante nada disto sería posíbel facer pasar por verídico por canto a ingobernabilidade dos territorios afgás é unha cuestión de dominio público a estas alturas do enfrontamento, que xa conta por centos as baixas no bando da chamada Coalición. A violencia sería algo así como o estado natural de Afganistán, a teor da propaganda oficial.
Con todo a incorporación de novas levas non cesa no seu papel de garantes da orde. Dun continxente total de 64500 soldados de diversa procedencia, encadrados no que se deu en chamar ISAF baixo mando da OTAN, as tropas españolas aportan un milleiro ás que cedo haberá que engadir un número indeterminado de efectivos adscritos á Guarda Civil repartidos pola provincia de Herat. Cifra unicamente superada polas tropas desprazadas até o Líbano no que vai de ano. Podemos entón intuír que o significativo dos números garda íntima relación co significativo do problema.
A complexa realidade que supón Afganistán para as potencias occidentais, parello a un operativo militar de proporcións descomunais, acrecenta as dificultades xa existentes para os propios ocupantes: intereses xeoestratéxicos, control dos recursos enerxéticos, imposición de rexímenes totalitarios, inxerencias en países veciños, monopolio da produción e tráfico do opio e derivados, dar saída ao inxente stock de armamento ademais de experimentar novos prototipos deseñados pola industria de guerra, ensaiar sobre o terreo tácticas de contrainsurxencia incluída a tortura sistemática… En resumo socializar o terror co único fin de deshumanizar as relacións sociais, de por sí adulteradas grazas a unha xestión eficaz do fanatismo relixioso. Este é o sentido das guerras modernas, disolver os saberes e costumes co seu so contacto até volvelos irrecoñecíbeis.
Para mellor ou para peor a guerra na actualidade é a medida de todas as cousas. Todos os aspectos do desenvolvemento técnico da nosa época concéntranse arredor dela e a súa aplicación. De aí que a reconversión dos exércitos en empresas sinale o ocaso da súa forma clásica pero anuncie o retorno da economía de guerra a un primeiro plano da escena mundial, subordinada sempre ás necesidades de acumulación que a ideoloxía do poder precisa en cada momento. Mais Afganistán tamén é o exemplo acaído de cómo o uso capitalista da guerra pode dar lugar a unha resposta contraria á mesma, en tanto que expresión práctica do movemento xeral das conciencias.
a situación actual das cárceres :: concerto
palesta a cargo de Joaquín Garcés.
tras a charla: actuación de "O Breo" e teremos petiscos para poder financiar as actividades e a Marcha a carcere de Teixeiro.
Obradoiro cociña
- Cociña, nutrición e meio ambiente.
- Se queres particiar ou propoñer algo, contanos.
- Os gastos os cubrimos con bote á vontade.
- Quedamos a xantar o que cociñamos. Senon, trae un tuper pa levarte algo.
- Quedamos ás 10,30 para almorzar antes de comezar.
As prazas son limitadas. Para anotarte escribe a vigo@amaranteong.org ou bem chama ó 886111327
Este obradoiro o organizamos Caleidoskopio, Amarante e Árbore.
Desexámosvos saúde e alegría.
